
Segundo advirte Trend Micro, xa hai días que se detectaron as primeiras mensaxes advertindo das consecuencias da gripe porcina (e que logo resultaron ser virus ou malware), estando neste intre suxeitas a un máis que inevitable proceso de medre.
“A gripe porcina converteuse nun virus de tipo informático que se aproveita do medo, a confusión e o interese pola información dispoñible na Web acerca do andazo para espallar códigos maliciosos e spam ou infectar equipos informáticos”, sinala Juan Pablo Castro, coordinador de Tecnoloxía de Trend Micro Lationamérica. En certa maneira, a situación é especialmente propicia para os spammers e as súas criaturas, tendo en conta dous factores: por unha banda o interese xerado na Web pola enfermidade (froito en gran parte da saturación á que nos someten os medios tradicionais, xa que a Internet adóitase a usar para ir alén dos datos achegados por esas canles) e pola outra o feito de que andazo teña máis posibilidades de chegar ás multitudes cá xente recluída nos seus fogares.
Polo tanto, dáse a circunstancia de que en casa redúcense as opcións de contraer a gripe real pero soben en boa medida as de ser vítimas do virus informático que leva o mesmo nome. “É a treboada perfecta para os delincuentes de Internet”, comenta Castro, quen sinala que o contido final destas mensaxes non é novo, malia os seus reclamos: trátase dos correos de sempre, con ligazóns sobre milagres farmacéuticos dende as que se cargan virus ou programas espía.
Detectados virus informáticos que usan a gripe porcina como anzol
Compartir Este Artigo

