Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica amplía o seu plan de axudas a clientes desempregados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica amplía o seu plan de axudas a clientes desempregados

Raquel Noya
Publicado: 04/05/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Presidente_telefonica.jpgCumprindo co que anunciara o presidente de Telefónica España, Guillermo Ansaldo, o pasado 17 de marzo, de lanzar un plan da axudas a parados que sufren os efectos da desaceleración económica das súas empresas, esta compañía vén de anunciar hoxe a ampliación deste plan para entidades que teñan previsto levar a cabo procesos de regulación de emprego en breve; para que nos entendamos, para aquelas entidades que se vexan na obriga de despedir a traballadores.
Esta ampliación, para as liñas que accedan ás axudas, estará vixente ata a factura de xaneiro de 2010 e está deseñada de maneira que as empresas lle poderán ofrecer a aqueles empregados que se desvinculen delas, e queiran facelo, manter a liña móbil que ata ese momento a empresa poñía á súa disposición.
Asemade, os empregados que se desvinculen das súas empresas, e manteñan o número da liña móbil, poderán optar polo desconto do 50 por cento na factura mensual, cun máximo de 20 euros ao mes. O cambio da titularidade da liña, da empresa ao particular, estará exento de cargo algún e ademais, asignaranse á conta do cliente ata 2.000 puntos que lle permitirán acceder a un novo teléfono móbil pagando un prezo aproximado de 50 euros.
Telefónica vén de anunciar que lles fará chegar ao responsable de relación humanas de cada empresa, a posibilidade de sumarse ás axudas a través do asesor comercial que cada unha ten asigando. O cambio de titularidade, unha vez asinado por ambas partes e previa eliminación dos servizos propios de liñas corporativas (como as aplicacións de correo), será remitido á área de residencial, que tramitará o cambio de titularidade e procederá a dar de alta a liña na oferta.
Dende que o pasado 17 de marzo Telefónica anunciara as medidas para axudar aos seus clientes en paro, a operadora xa recibiu e tramitou máis de 100.000 solicitures, logo de ter descargados da súa páxina web máis de 200.000 formularios.
Os negocios de nova creación que xa se interesaron polas axudas e descontos no último ano, xa ascenden a 3.000.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?