Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC e a UDC desenvolven un dispositivo portátil que identifica ás persoas pola retina
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC e a UDC desenvolven un dispositivo portátil que identifica ás persoas pola retina

Raquel Noya
Publicado: 05/05/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

USC_dispositivo_portatil.jpgCantas veces non temos visto nas películas de ficción (sobre todo nas do “Superaxente 007”) un sistema de apertura de portas ou de acceso a determinados ordenadores de máxima seguridade que funciona pasando un raio láser polo ollo do usuario? Este tipo de identificación pola imaxe da retina é algo do que xa temos oído falar moitas veces pero do que non sabemos demasiado sobre a súa utilidade real e custe óptimo.
Porén agora podemos saber algo máis deste tipo de tecnoloxía de ficción feita realidade a partir dun proxecto que están a levar a cabo conxuntamente a Universidade de Santiago de Compostela e máis a Universidade da Coruña, que consiste no deseño dun trebello para a identificación de persoas pola súa retina único e fiable, que se basea na captura da imaxe do ollo cunha cámara especial que obten a estrutura da árbore arteriovenosa do ollo.
O Grupo de Visión Artificial da USC e o Grupo de Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns da UDC, son as entidades académicas que uniron os seus esforzos para avanzar no desenvolvemento deste sistema de identificación de persoas innovador que autentifica aos usuarios reais a partir das imaxes da retina, que nunca se poden falsificar.
O procedemento, segundo explica o coordinador do proxecto na USC, o profesor David López Vilariño, consiste, en primeiro lugar, en capturar a imaxe do ollo cunha cámara especial, coa que se obteñen retinografías, é dicir, fotografías dixitais en cor do fondo do ollo “que son únicas no mundo e imposibles de falsificar”.
O investigador engadiu que “os puntos de corte e as bifurcacións dos vasos sanguíneos son aspectos relevantes e exclusivos de cada individuo”, polo que podemos afirmar que deste proceso se obtén unha información moi complexa de analizar e útil para evitar suplantacións de personalidade nun momento dado.
O profesor López Vilariño indicou asemade que “a partir da imaxe da retina obtense só a estrutura da árbore, o que representa unha operación moi custosa”; “Ademais”, engadiou, “adoita facerse cun ordenador, de xeito que o proceso resulta bastante lento, mentres que os investigadores da USC baséanse en chips fabricados ou configurados para esta tarefa, co que se gaña en prestacións”.
A segunda parte do proceso, é dicir, a obtención dos puntos de corte e a bifurcación dos vasos sanguíneos para identificar aos individuos, é máis rápida, xa que require procesar un volume de información moito máis reducido.

Sistema destinado a instalacións de alta seguridade
O equipo da Universidade de Santiago desenvolveu un algoritmo diferente aos que se usan na actualidade para obter a estrutura da árbore arteriovenosa do ollo, xa que delimitan os vasos sanguíneos polas paredes externas, en lugar das paredes internas como se fai habitualmente. “Isto permítenos obter un sistema de identificación máis robusto, xa que podemos procesar as imaxes da árbore por separado a través de procesadores celulares”, explica López Vilariño.
Así, os investigadores parten a imaxe en varios anacos e recuperan os resultados de cada un deles, o que lles permite conformar o resultado final de xeito rápido.
Na actualidade o equipo da USC está a centrar os seus esforzos en lograr reducir o custe do sistema. Nesta liña, tratan de adaptar o algoritmo e o hardware a un sistema reconfigurable.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?