O proxecto Brújula, que a Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (Agestic) está a levar por toda Galicia para concienciar á cidadanía do emprego de Internet sen riscos e educar aos máis cativos e cativas para unha navegación segura, vai realizar a súa vindeira parada en Santiago de Compostela, mañá xoves, 7 de maio.
O espazo escénico, que comezou a súa andaina en Lugo o pasado 16 de abril, chegará á capital galega ás 11:30 horas e a el achegaranse o concelleiro de Xuventude compostelán, José Baqueiro Canabal e o presidente de Agestic, José María López Bourio, entre outras personalidades, que visitarán a “nave” e intervirán no acto de inauguración.
O proxecto enmárcase dentro dos Programas de difusión sobre utilización segura de Internet, con actuacións de demostración para a infancia e adolescencia do Plan Avanza do Ministerio de Industria e conta coa colaboración de Obra Social Caixa Galicia.
As vindeiras paradas desta iniciativa, que percorrerá todo o país ata o vindeiro 1 de xuño, serán Ribeira, Vilagarcía, Pontevedra, O Carballiño, Rivadavia, Vigo e Monforte de Lemos.
Chega a Compostela o proxecto Brújula, para unha navegación segura
Compartir Este Artigo

