No mercado existen multitude de ratos de reducido tamaño pensando no seu uso en ordenadores portátiles, pero en xuño chegará ao Xapón un que promete ser o rato sen fíos (funciona na venda de 2,4 GHz) máis cativo do mundo, cunhas medidas de 27,5 x 60 x 19 milímetros e un peso de só 23 gramos, que pode funcionar a unha distancia de ata 10 metros e cunha autonomía de entre 14 e 16 horas (tras entre 45 e 50 minutos de carga).
O Lingo venderase en branco ou negro por uns 5.000 iens (38,15 euros) e podería reavivar o debate de se é preciso contar con dispositivos deste tipo pois, aínda que o ordenador no que se vaia a usar sexa máis pequeno do normal, a man do usuario segue a ser a mesma, resultando bastante incómodos (polo que a súa facilidade de transporte podería non compensar).

Lingo, o rato sen fíos máis cativo do mundo
Compartir Este Artigo

