Hulu é un dos servizos de vídeo na Internet máis utilizado nos EE.UU. por ofrecer principalmente series de televisión, alzándose como unha interesante alternativa legal ao P2P, que polo momento ten restricións xeográficas, pero agora están a planificar a súa internacionalización, o que nun principio se limitaría a 8 novos mercados sen precisar (nos que agardemos que estea España).
Mentres YouTube está a ter problemas na capitalización dos seus vídeos non sendo capaz de recuperar nin sequera o custo do largo de banda xerado, a xente de Hulu parece está a ter máis éxito, atraendo a unha publicidade máis tradicional, e agora incluso traballan en mellorar a súa oferta de contidos incorporando series de televisión británicas (coma Green Wing, Peep Show ou a recentemente adaptada en España, Doc Martin), de xeito que achegarían este material en primicia ao público norteamericano, o que será un fenómeno digno de análise.
Hulu recoñece estar a preparar o seu salto internacional
Compartir Este Artigo
