O pasado sábado abriuse o prazo de recepción de candidaturas para a 4ª edición do concurso musical A Polo Ghit que busca atopar unha simbólica canción do verán nacida da vontade dos lectores de Vieiros e os oíntes da Radio Galega.
Os temas que opten ao concurso deberán ser orixinais e con letra en galego, remitíndose por correo electrónico a Vieiros ou á Radio Galega en formato MP3, podéndose tamén enviar en soporte físico a Extrarradio, Radio Galega, San Marcos, 15.820 Santiago de Compostela ou a Vieiros, Rúa do Pombal, 43, soto, 15.750 Santiago de Compostela.
Os arquivos deberán vir acompañados cos datos dos participantes, un breve texto descritivo, a letra da canción e fotografías da banda ou solista.
Comeza a andar por 4º ano o concurso A Polo Ghit
Compartir Este Artigo

