O líder do PP, Mariano Rajoy, vén de anunciar que o seu programa de Sociedade da Información para as eleccións europeas, que presentará mañá venres en Córdoba, vai endurecer o seu discurso contra os métodos que as sociedades de dereitos de autor empregan como vía de ingresos, para que nos entendamos, contra o cánon dixital.
Éste insistirá na necesidade de “buscar un sistema máis xusto baseado no uso efectivo das obras para compensar aos autores” e asemade, no compromiso de “evitar o corte de ADSL por descarga de contidos” anunciado recentemente polo Goberno como medida de loita contra o pirateo, e aprobado hai dous días en Francia.
Por outra banda, Rajoy afirma que no seu documento inclúe a “necesidade de aprobar unha Carta Europea de dereitos dos usuarios de Internet” así como a de “acabar co canon dixita indiscriminadol”, algo polo que os populares levan pelexando dende hai algún tempo.
Con estas propostas, ás que hai que engadir a solicitude de “aumentar a velocidade de Internet en Europa”, o PP pretende atraer o voto internauta para as eleccións do vindeiro 7 de xuño.
O principal partido da oposición propón un cambio no sistema de compensación aos autores aproveitando a actidude das sociedades de xestión de dereitos (comandadas pola SGAE e partidarias de desconectar aos internautas polo uso ilícito de contidos dixitais), que xerou tensións entre estas e os 23 millóns de internautas que hai en España.
Entre a listaxe de medidas para a Sociedade da Información que o PP desvelará o vindeiro venres, atópanse, asemade, algunhas técnicas máis, destinadas a que o sector das telecomunicacións desenvolva as infraestructuras necesarias para ofrecer máis velocidade e servizos aos europeos.
O PP comprométese, por último, a axilizar a regulación para as novas redes de fibra óptica así como a ceder aos operadores de telefonía o chamado dividendo dixital, é dicir, as frecuencias que queden libres logo do apagón da televisión analóxica.
Rajoy propón un sistema máis xusto que o da SGAE para compensar aos autores polas descargas ilegais
Compartir Este Artigo

