Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pontedeume organiza un relatorio sobre os perigos de Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pontedeume organiza un relatorio sobre os perigos de Internet

Raquel Noya
Publicado: 18/05/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

axudas_ordenadores-4.jpgO Concello de Pontedeume, dende a Concellaría de Servizos Sociais e en colaboración cos centros de ensino de todo o municipio, vén de anunciar a celebración dunha charla-coloquio sobre os perigos que encerra a Rede de redes para os máis cativos e cativas da casa, un tema do que nos últimos días vimos falando a reo e do que non nos cansamos por moitos actos deste estilo que se fagan por toda a xeografía galega.
O relatorio contará con persoal especializado en seguridade en liña da Garda Civil e, segundo vén de informar a concelleira de Servizos Sociais de Pontedeume, Ruth García, está encadrado dentro das accións que se levarán a cabo no marco do Plan director da Garda Civil para a convivencia e mellora da seguridade escolar.
A actividade vén a complementar as correspondentes explicacións didácticas expostas polo mesmo persoal nos centros educativos, mais desta volta, “vai dirixido a pais e nais dos alumnos do Concello, aínda que se abre ao público en xeral”.
Ruth García considera esta iniciativa como “extremadamente interesante, posto que a día de hoxe”, continuou, “vistos os riscos que hai no uso diario da Rede, é moi importante que os pais e nais sexan conscientes da realidade coa que conviven os seus fillos e fillas cada vez que se internan na web”.
A concelleira asegurou contar para o evento con profesionais especializados no tema, que “coas súas intervencións sumamente didácticas, poñerán ao alcance de todos información de interese sobre o funcionamento de Internet”.
A actividade, que terá lugar mañá martes ás 19 horas no salón de actos de Caixa Galicia de Pontedeume, informará aos asistentes sobre as posibilidades de uso da Rede, así como dos riscos que nos afectan cada vez que accedemos ás distintas ferramentas ou do xeito de empregar os nosos datos persoais en Internet.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?