Google continua a mellorar o seu navegador web Chrome para facer fronte ao Internet Explorer e o Firefox, mellorando unha vez máis as xa de por si boas velocidade e estabilidade, especialmente na execución de páxinas web con un uso intensivo de javascript (coma Gmail ou Google Reader), xa que Google quere potenciar as aplicacións web ás que orienta o seu modelo de negocio.
As novidades de Google Chrome estaban a ser incorporadas ás súas versións de proba, e agora pasan á versión oficial, de xeito que todos os usuarios poden gozar de melloras como melloras na páxina de nova pestana (podendo eliminar as miniaturas que non queremos que se amosen), modo a pantalla completa (premendo a tecla F11, como acontece con outros navegadores), autocompletado de formularios, e a incorporación dunha nova versión de Webkit (o que incorpora as mencionadas melloras de velocidade e estabilidade).
Os usuarios de Google Chrome contan con esta nova versión do programa de xeito automático, e aínda que estean a chamarlle Chrome 2, non estamos ante unha renovación da aplicación, senón ante unha simple actualización, pero dende Google non queren dar moita importancia aos números de versión, de xeito que limítanse a utilizalos para levar a conta dos cambios.
Vídeo de presentación da nova versión do Google Chrome
A nova versión de Google Chrome inclúe interesantes melloras
Compartir Este Artigo

