
Avanzando nesta liña, Pere Vila, director de tecnoloxía de RTVE, confirmou nun encontro dixital que estaban a traballar nesta liña, o que poderemos notar despois do verán, cando é posible que unha das canles de TVE (posiblemente Teledeporte) pase a emitirse a 16:9 como primeiro paso para a adaptación á alta definición. Tamén recuperarán o material en alta definición analóxica dos arquivos do ente (entre os que estarían as Olimpíadas de 1992 e a Exposición Universal de Sevilla do mesmo ano) e mesmo material gravado en 35 milímetros (que precisaría dun proceso de telecinado).
Vila tamén destaca que a alta definición non reduce os custos de produción pero si supón unha mellora na calidade coa que se chega ao espectador, precisando para iso dun cambio tecnolóxico que non só afecta á compra de equipos, senón tamén ao xeito de traballar.
TVE estreará canle en alta definición en 2010
Compartir Este Artigo
