Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O dominio .es acada só o 7 por cento do mercado mundial de extensións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O dominio .es acada só o 7 por cento do mercado mundial de extensións

Raquel Noya
Publicado: 26/05/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

es-10.jpgSegundo indica un estudo sobre vendas de dominios realizado pola plataforma de comercio de extensións Sedo.com, no primeiro trimestre do ano, o dominio español .es, “logrou tan só o 7 por cento das vendas no mercado mundial das direccións de Internet”, moi por detrás do de Alemaña, o .de, que acaparou o 60 por cento do total de compra-vendas de dominios no mundo.
O informe indica que no devandito periodo, as transferencias de dominios medraron en xeral un 6,5 por cento, cun total de 9.326 extensións vendidas en total.
Entre os dominios específicos do país, ademais do de Alemaña, un dos máis negociados foi o do Reino Unido, o .co.uk, cun 13 por cento das vendas totais, seguido do europeo .ue, co 9 por cento do total de dominios adquiridos.
No tocante ás tarifas, o estudo asegura que o prezo medio da extensión española caeu un 30,4 por cento, mentres que o da británica descendeu un 42,1 por cento. Pola súa parte, o prezo do dominio europeo, o .eu, subiu un 23,2 por cento de valor medio.
O prezo medio máis caro correspondeu ao dominio frances, de 2.654 euros, seguido do español de 1.452 euros e o .ch de Suíza, de 1.219 euros. O dominio .de tivo un prezo medio de 906 euros.
Como era de agardar, o dominio máis forte, o .com, cunha cota de mercado do 75 por cento do total, vendeuse por un prezo de 1.935 euros, seguido de .net, co 9 por cento do total e un prezo medio de 1.142 euros.
Os dominios .org e .net, cun 7 por cento cada un e un prezo de 842 e 570 respectivamente, foron os seguintes na listaxe do máis fortes, seguidos moi de lonxe do .biz co 2 por cento e un prezo de 536 euros.
O estudo indica asemade que nos últimos tres meses, o dominio máis caro que se vendeu foi o fly.com por 1,6 millóns de dólares (1,1 millóns de euros), seguido por body.com por 400.000 dólares (285.700 euros) e forums.com por 399.990 dólares.
Entre os españois, o dominio máis caro foi o mama.es, cun prezo de venda de 10.700 euros, seguido de dot.es de 7.572 euros e 123.es, que se vendeu por 7.500 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?