Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Este será un verán cheo de actividades tecnolóxicas para os veciños de Vilasantar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Este será un verán cheo de actividades tecnolóxicas para os veciños de Vilasantar

Raquel Noya
Publicado: 28/05/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Rede_de_dinamizacion_vilasantar.jpgA Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co Concello de Vilasantar, vén de anunciar novos obradoiros de achegamento ás novas tecnoloxías que terán lugar no vindeiro mes de xuño no Centro da Rede de Dinamización do devandito Concello.
As actividades terán lugar polas mañás, xa que o centro no que se levarán a cabo permanecerá pechado todas as tardes a partir das 15 horas dende o día 1 de xuño ata o vindeiro 30 de setembro.
Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes:
-Mecanografía: con esta actividade preténdese que os usuarios e usuarias sexan quen de escribir con todos os dedos e sen mirar o teclado do computador ao finalizar o obradoiro. Desenvolverase de luns a venres, do 1 ao 8 de xuño entre as 11 e as 12.30 horas.
-Manexo da cámara dixital: agora que se achega o verán e que o tempo se presenta máis axeitado que nunca para sair a probar as nosas cámaras dixitais, o Centro de Vilansantar ofertará de balde este obradoiro, que ten como principal obxectivo que os e as asistentes aprendan a usar correctamente unha cámara dixital para facer fotografías de calidade. O curso terá lugar de luns a venres, dende o 9 ao 12 de xuño en horario de 12 a 13.30 horas.
-Tamén está prevista a realización da iniciativa Memoria dos Oficios, unha actividade que trata de tirar proveito da capacidade de almacenamento e divulgación da Rede para preservar a memoria da nosa sociedade, personificada, neste caso, nos usos laborais do rural que semellan esmorecer fronte aos que proveñen das cidades.
Este obradoiro levarase a cabo dende o 15 ao 26 de xuño en horario de 10:30 a 12:30 horas e nela, entre outras moitas cousas, os e as asistentes crearán documentos audiovisuais atendendo ao esquema dunha videomontaxe para dixitalizar todo o coñecemento posible sobre oficios tradicionais a través das lembranzas directas dos e das participantes.
Asemade, segundo anunciaron os seus responsables, esta actividade “trata de achegar a Rede a aquelas persoas pertencentes ás franxas de idade con maior risco de exclusión dixital: os maiores, á vez que se xeran contidos no noso idioma”.
Por último, para este mes de xuño, o Concello de Vilasantar ten prevista a realización da charla Navegación segura na Internet, un relatorio que expoñerá os riscos que agocha Internet e as medidas de protección e prevención máis aconsellables.
Este acto terá lugar o vindeiro día 30 ás 10:30 horas no Centro de Dinamización de Vilasantar, na Casa do Concello da vila.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?