Steve Ballmer aproveitou a súa intervención no congreso D7 organizado polo The Wall Street Journal para presentar Bing, unha nova marca que identificará o que Microsoft define coma un motor de decisión, aínda que aparentemente non sexa máis que un novo buscador web que podería coller o relevo de Live Search aínda que polo momento só é un proxecto en probas que poderemos ver en todo o mundo a partir do vindeiro 3 de xuño.
Bing busca axudar aos usuarios a manexar a abundancia de información que chega a ser todo un problema hoxe en día, e así Microsoft decidiu centrar o novo servizo web en tres piares: 
Bing tamén facilitará a busca de vídeo, imaxes, mapas, novas… e Ballmer non agochou que a súa intención é claramente superar a Yahoo! e Google no sector das buscas da Internet, cambiando o paradigma das buscas na Internet, modificando a experiencia do usuario ofrecendo moitas posibilidades intelixentes.
Un detalle que poderiamos destacar de Bing é que busca reter aos usuarios da súa páxina, en vez de instalos a fuxir a outras páxinas web.
Agora, Microsoft deberá centrarse na popularización do novo servizo web, para o que teñen previsto realizar un investimento publicitario moi importante que podería estar entre os 80 e 100 millóns de dólares (Ballmer non quixo precisar a cantidade, pero asegurou que era elevada).
B6291873-95A2-4164-9006-F1D5589CCAD9&playerid=4001&plyMediaEnabled=1&configURL=http://wsj.vo.llnwd.net/o28/players/&autoStart=false” base=”http://s.wsj.net/media/swf/” name=”microflashPlayer” width=”640″ height=”362″ seamlesstabbing=”false” type=”application/x-shockwave-flash” swLiveConnect=”true” pluginspage=”http://www.macromedia.com/shockwave/download/index.cgi?P1_Prod_Version=ShockwaveFlash”>
Walt Mossberg entrevistou a Steve Ballmer no D7
Pequena demostración do funcionamento de Bing

