Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Científicos de todo o mundo poñen en marcha un gran observatorio 2.0 da natureza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Científicos de todo o mundo poñen en marcha un gran observatorio 2.0 da natureza

Redacción
Publicado: 01/06/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

A de hoxe é unha data importante para a ciencia e para as ligazóns cada vez máis estreitas que ten coa Internet participativa, orientada a apoiarse nos usuarios para que a constrúan. A cuestión ten unha chea de precedentes, como por exemplo a importante cobertura informativa que lle achega a Internet ao Ano Internacional da Astronomía, este 2009 que estamos a vivir, ou a posta en marcha na nosa terra dun noticiario en liña sobre localizacións de aves. A cousa, como era de agardar, non remata aí. Segundo conta a a axencia EFE, a xornada de hoxe foi a elixida por científicos de todo o mundo para poñer en marcha unha iniciativa que senta as bases dun observatorio macroscópico da biodiversidade. O proxecto, que se apoia no potencial de convocatoria e mobilización das redes sociais, pretende ser un obradoiro científico de portas para fóra. Dito doutro xeito: estará aberto á participación dos internautas, que, entre outras accións, poderán subministrar observacións sobre os datos, os exemplares ou os recursos expostos. Por certo que a idea dos responsables do observatorio era poñelo en marcha coincidindo coa celebración da conferencia e-Biosphere, un encontro sobre biodiversidade que arranca hoxe en Londres.
Segundo contan os investigadores que están a facer realidade o proxecto, este atópase neste intre operativo coma maquinaria engraxada de información. O único que falta, precisamente, é a achega masiva de información.
A xuízo de James Edwards, director da conferencia e participante no proxecto, os elementos integrantes como por exemplo as bases de datos están xa preparados e só queda conectalos, proceso que é moi probable que se leve a cabo en poucos meses. O modo de funcionamento da iniciativa sitúaa como un interesante cruzamento entre Google Earth, Wikipedia e a Enciclopedia da Vida do Instituto Smithsoniano (do que Edwards é director): calquera internauta poderá facer uso dela, completamente de balde e accedendo a través da Rede a unha imaxe de satélite para logo obter información polo miúdo sobre as especies de seres vivos que habitan o ecosistema elixido, dende o de maior envergadura ata o máis pequeno de todos. Esta ferramenta, ademais, será de ida e volta: todo internauta estará capacitado para atoparlle beneficios e para achegarllos.
Así, un día seralle preciso consultar as características dun espazo de biodiversidade concreto e á xornada seguinte el mesmo poderá presentarlle á comunidade usuaria que tipos de seres vivos habitan no escenario natural máis próximo. Por certo que contaría co priviliexio de ter a todo un equipo de científicos-internautas para resolverlle todas as dúbidas que tivera sobre calquera localización: achegaríanlle datos sobre as especies atopadas e a súa procedencia, imaxes, mapas dixitais. Sumando unha vez tras outra un proceso de comunicación estarían a sentarse os alicerces do que probablemente vaia camiño de converterse na base de datos científica máis grande, en boa medida dirixida a facilitar comprensión sobre os cambios que están a sufrir os ecosistemas en todos os recantos do mundo.
Segundo se conta na Rede, a iniciativa ten os seus precedentes máis directos noutras iniciativas das que agarda nutrirse, como por exemplo Arkive, colección de imaxes e vídeos da natureza.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?