As aplicacións informáticas pensadas para comprobar periodicamente se recibimos novas mensaxes no noso correo electrónico son tan vellas coma habituais, pero a última da que tivemos noticia resulta innovadora, pois o Gmail Notifier Plus leva as notificacións de mensaxes recibidas intégranse na barra de tarefas de Windows 7 e fai uso de Jump Lists e Live Preview, de xeito que non só avisaría das novas mensaxes recibidas, senón que incluso mostraría un breve fragmento das mesmas.
Non é unha aplicación que sexa notable por anda máis que por poder estar a marcar unha senda aos pequenos desenvolvementos, que poderían estar a aproveitar estes meses antes do lanzamento oficial de Windows 7 para facerse un sitio entre os programas de referencia para o novo sistema operativo de Microsoft, polo que non sorprendería que nas vindeiras semanas aparecesen xestores de descargas ou reprodutores multimedia compartindo esta mesma filosofía.
Gmail Notifier Plus avisa das novas mensaxes de Gmail en Windows 7
Compartir Este Artigo

