Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nace unha nova web 2.0 para apoiar a candidatura de Madrid 2016
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nace unha nova web 2.0 para apoiar a candidatura de Madrid 2016

Raquel Noya
Publicado: 03/06/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

holamadrid2016.com.jpgComo complemento á páxina oficial de apoio á candidatura de Madrid ás Olimpiadas do 2016, un sitio que ofrece completa información sobre as vantaxes e peculiaridades desta cidade para ser “villa olímpica” dunha vez por todas, os responsables da iniciativa veñen de lanzar tamén ao ciberespazo unha web 2.0, que nace como un lugar de reunión virtual para todos aqueles que apoian o devandito proxecto dende onde queira que estean.
Holamadrid2016.com, que así se chama esta nova web, tén como principal obxectivo “xerar un maior movemento de apoio popular a Madrid 2016” así como facer de punto de encontro en liña de tódolos amantes do deporte en xeral e dos Xogos Olímpicos en particular.
Entre outras cousas, esta ferramenta, que é máis interactiva e moderna que a súa complementaria, permite deixar mensaxes aos voluntarios e deportistas, enterarse da actualidade da candidatura, participar en blogs ou formar parte na xeración 16, un programa para implicar ás persoas máis novas na candidatura da capital española aos Xogos Olímpicos do 2016.
En resumidas contas, a función de HolaMadrid2016 é xerar un maior movemento de apoio popular á candidatura olímpica Madrid2016, e conforme ao obxectivo de organizar os “Xogos das persoas”, os responsables plantexaron o reto de acadar o maior número posible de apoios á candidatura madrileña a través deste sitio.
Para isto, HolaMadrid2016 ofrécelle aos seus usuarios e usuarias un contador de apoios a través do cal poden sumarse a este reto e engadir os seus votos á candidatura. Polo de agora, o proxecto conta con preto de 45.000 apoios.
Nembargantes, estas dúas webs non son as únicas que circulan pola Rede para apoiar a iniciativa e páxinas como madriddosmil16, madridolimpico.net ou logo2m16.com, entre outras, son algunhas das que hai por Internet e que comparten temática coas protagonistas desta nova.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?