Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os editores de xornais loitan polos seus dereitos de propiedade intelectual tamén na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os editores de xornais loitan polos seus dereitos de propiedade intelectual tamén na Rede

Raquel Noya
Publicado: 05/06/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

editores_de_xornais.jpgLogo de que un xulgado do mercantil de Madrid lle dera a razón aos editores de diarios, prohibíndolle a unha empresa de resumes de prensa distribuir contidos de xornais sen contar antes coa súa aprobación, a Asociación de Editores de Diarios Españois (AEDE) vén de anunciar que “estarán dispostos a defender os seus dereitos de propiedade intelectual tamén en Internet, facéndoos valer ante os agregadores de novas como Google News”.
A sentenza emitida polo devandito xulgado recoñece como titulares dos dereitos de propiedade intelectual dos diarios, tanto impresos como na Rede, aos seus editores, polo que estes estiman que a resolución “pode ser trasladada aos agregadores de novas en liña” xa que, segundo apuntaba o portavoz da Asociación Europea de Editores de Periódicos (ENPA), sen os contidos editoriais procedentes da prensa,”estes nin sequera existirían”.
A Asociación de Editores de Diarios Españois (AEDE), pola súa parte, considera o fallo xudicial como un punto de partida na defensa dos seus intereses lexítimos de propiedade intelectual, e avogan por “chegar cos agregadores de novas en liña a acordos similares aos que acadaron coas empresas de press-clipping”.
Esta práctica, que non é máis a acción de agregar contidos, só se poderá levar cabo, segundo informou o socio director do despacho de avogados Cremades & Calvo-Sotelo (que levou o caso), “baixo autorización dos titulares da información”.
Pola súa parte, o director xeral da AEDE, Ignacio M. Benito, quen considera que o respeto dos dereitos de propiedade intelectual dos editores “é abolutamente básico para poder seguir ofrecendo información xornalística de calidade”, mostrou a súa satisfacción pola condea a Google News “por violar os dereitos de propiedade intelectual de varios diarios belgas” xa que, segundo afirma, “quedou probado que máis que un motor de búsqueda é un portal de novas, que extrae contidos das novas de prensa”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?