
Ao igual que o resto de establecementos que Ecomputer ten distribuídos por todo o país, este que acaba de abrir na capital galega ofrecerá servizos tales como a creación de páxinas web, venda de produtos informáticos, actividades de programación e incluso o servizo de mantemento e reparación aos equipos que se vendan no comercio.
A nova franquía de Ecomputer está situada no número 26 da Avenida de Vilagarcía e é a terceira que se abre en Galicia, sen contar o Ecomputer Point que hai na Coruña.
Ecomputer estrea franquía na capital galega
Compartir Este Artigo

