Aínda que parecía que a última versión de Windows 7 que vería a luz antes da versión definitiva sería a Release Candidate pública, nas redes P2P apareceu un Windows 7 RC2 Build 7201 que incorporaría melloras na velocidade en certas funcións, o Media Center de Internet TV beta e compatibilidade con programas como as Daemon Tools, aínda que tamén advirten que na Rede están a circular numerosos fakes con software malicioso, polo que hai que ter bastante tino antes de instalar produtos deste tipo.
Non sabemos se esta nova versión chegará a publicarse oficialmente por parte de Microsoft, pero dá a impresión de que non será así, pois o Window 7 definitivo xa ten data de lanzamento definido, polo que non parecería normal confundir aos usuarios con novas versións de proba.
Aparece nas redes P2P unha copia do Windows 7 RC2
Compartir Este Artigo

