Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Tecnópole renova a súa web e fai unha aposta polos servizos 2.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Tecnópole renova a súa web e fai unha aposta polos servizos 2.0

Raquel Noya
Publicado: 08/06/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

tecnopole.es.jpgO Parque Tecnolóxico de Galicia, que dende comezos dos anos noventa se dedica incansablemente a apoiar e potenciar as iniciativas tecnolóxicas levadas a cabo nas empresas galegas que máis precisan da súa axuda, vén de facerlle unha reforma á súa web para adaptala ás novas esixencias da Rede, integrando servizos 2.0 e facéndoa máis atractiva e funcional.
Este espazo de difusión, que dende hai uns anos funciona como punto virtual de encontro para todos os socios e socias do Parque, vén de converterse agora nunha “web colaborativa”, que integra, entre outros servizos, ligazóns á plataforma Flickr, ao seu microblogging Twitter e tamén a Delicious, unha rede social que permite agregar, etiquetar e compartir páxinas con outros usuarios na que a Tecnópole ten o seu propio espazo.
O Parque Tecnolóxico de Galicia, que dende hai ano e medio ten habilitado un localizador en Google Maps e a súa propia entrada na Wikipedia (en galego, castelán e inglés), permite agora a suscrición á súa newsletter mediante o protocolo RSS para que sexa accesible, ademais de mediante correo electrónico, a través dos lectores de feeds, como Google Reader.

A Tecnópole ten entrada de seu na Wikipedia e na Galipedia.
A Tecnópole ten entrada de seu na Wikipedia e na Galipedia.
Asemade, mediante o devandito sistema, a Tecnópole ofrécelle aos seus usuarios a posibilidade de manterse informados a través de fontes de información xeral, de Galicia e de temas relacionados coa I+D+i, que se actualizan de xeito automático.
Esta aposta da Tecnópole polas ferramentas da Internet colaborativa responde, segundo afirman os seus responsables, ao seu interese, en calidade de entidade prestadora de servizos avanzados ás empresas e centros tecnolóxicos de toda Galicia, “de estar ao día e aproveitar as vantaxes das ferramentas de comunicación máis innovadoras”. Por este motivo, recentemente comezou tamén a promover accións de capacitación en habilidades 2.0 abertas aos seus clientes e partners e levou a cabo un proxecto de implantación de ferramentas de escritorio que converteu o entorno de traballo dos seus servizos centrais nun entorno 2.0.

Información actualizada e mapa virtual
A renovación da web de Tecnópole supón tamén a actualización de toda a información relativa aos proxectos nos que está implicada e os servizos que presta, ademais da canle de novas na que se publican puntualmente todas as novidades relacionadas co Parque Tecnolóxico e con todas as empresas e centros que aloxa.
Por outra banda, a nova web pon a disposición dos seus usuarios a versión dixital da publicación Tecnópole 2009 (en versión navegable ou descargable en PDF), con toda a información económica da entidade e das empresas e centros do Parque Tecnolóxico.
Os internautas poderán, asemade, facer unha viaxe virtual pola Tecnópole empregando o mapa Tecnópole 3D, que permite visualizar os lindes do que será a próxima ampliación da superficie do Parque.
No marco da súa política de Responsabilidade Social Corporativa, Tecnópole tomou a iniciativa de suprimir a versión en papel do seu Manual de benvida, polo que a nova web dispón agora dunha área privada na que as empresas que se incorporen ao Parque poderán acceder a unha versión navegable.
Ademais, o Parque Tecnolóxico de Galicia, que mantén unha relación moi estreita cos centros escolares galegos a través de iniciativas coma a feira científica Galiciencia e o seu ciclo de visitas para colexios, habilitou tamén unha sección especial para escolares. Co título Es novo nisto?, na web ofrécese información sobre Tecnópole cunha linguaxe sinxela e especialmente pensada para os máis novos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?