A aeroliña irlandesa de baixo custe que comunica a capital galega con varias cidades españolas e europeas a baixo prezo, Ryanair, vén de anunciar un novo acordo con 15below para o envío, vía SMS, da confirmación de reserva de voo directamente ao teléfono móbil dos pasaxeiros por só 1 euro, de xeito que os clientes non terán que imprimir o correo electrónico de confirmación como se vían obrigados a facer ata agora.
Stephen McNamara, responsable de Ryanair afirmou, neste senso, que a súa compañía transportará este ano un total de 67 millóns de pasaxeiros, os cales, grazas a este servizo, “poderán recibir a confirmación dos seus itinerarios dentro das 24 horas posteriores á súa reserva e obter os detalles dos seus voos directamente dende o teléfono móbil”.
Pola súa banda, Nicholas Key, director de 15below, dixo que este acordo con Ryanair porá a disposición dos seus clientes un sistema de confirmación a través de SMS que lles vai permitir beneficiarse de itinerarios persoalizados directamente nos seus teléfonos, “facendo que sempre teñan á man os detalles dos seus voos”.
Ryanair lanza un servizo de confirmación de reserva mediante SMS
Compartir Este Artigo

