Dependendo da cantidade de internautas que as requiran, os filmes recibirán unha ou outra axuda para o proceso de recuperación do investimento. Así o fixo saber hoxe mesmo o director xeral do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), Ignasi Guardans, ampliando deste xeito o único factor que ata o de agora se tiña en conta para axudar ás producións españolas nas tarefas de amortización: a venda de entradas. A medida, un recoñecemento ao potencial de Internet como fonte de espectadores (enténdase: espectadores legais), sitúa ás descargas autorizadas como baremo para o reparto das axudas, que xunto con outras iniciativas postas en marcha pretende ser máis computable, fiable e obxectivo.
Sinalar que estes e outros regulamentos virán incluídos na nova Lei de Cine que prepara arestora o Goberno (prevé que estea lista para outono deste mesmo ano) e que está a piques de entrar en fase de consulta coa industria cinematográfica, as comunidades, o Parlamento e máis a Comisión Europea. Ao parecer, de entre todos os diálogos, o que se establecerá coa Comisión Europea ten trazas de ser o máis o complicado. O motivo? Bruxelas, a diferenza do Goberno español, non se inclina polas axudas públicas ao cinema.
O interese por un filme na Rede influirá nas axudas que este reciba
Compartir Este Artigo

