
Xacobeo 2010 caracterizarase polo uso da internet e das novas tecnoloxías para a promoción do Ano Santo cunha imaxe de modernidade e para acadar unha difusión global. A web Xacobeo 2010 será o punto de referencia e información, aberta á interactividade e á participación do usuario. Neste sentido, integrarase a comunidade Xacobeo nas redes sociais xa existentes (Facebook, Twitter, Tuenti,…), alén da web Xacobeo 2010, para multiplicar a presenza, o intercambio e difusión de contidos relacionados co Ano Santo.
A campaña en Google será a máis completa realizada nunca nas súas plataformas para un só destino turístico a nivel mundial, con posibilidades únicas de promoción e coñecemento que a converterán nun referente internacional. O obxectivo é o de acadar máis de 600 millóns de visitas cualificadas á web, as cales amosan un interese directo nun destino ou unha motivación de viaxe afín ao Xacobeo 2010, e máis de 200 millóns de anuncios a través de mensaxes personalizadas segundo a motivación da viaxe do internauta.
O acordo abrangue a utilización de todas as canles Google: Adwords, Contextual e Placement Targeting, Youtube, a creación de Mapplets (rutas e itinerarios en Google Maps) e as diferentes ferramentas de Google Earth.
O Xacobeo 2010 contará coa campaña publicitaria máis completa en Google para un único destino turístico
Compartir Este Artigo

