O colectivo Dones en Xarxa convoca o primeiro concurso de vídeos creados exclusivamente por mulleres baixo o lema «Máis mulleres na Rede!» que pretende promocionar o acceso á Internet das mulleres e visibilizar os contidos dixitais creados por elas.
O concurso de vídeos está aberto a calquera muller española de máis de 16 anos, podéndose remitir pezas en catalán ou en español elaborados tanto de xeito individual coma colectivo, admitíndose calquera formato de vídeo estándar (.AVI, .MPG, .WMV e .MOV) e incluso dispositivos de gravación diversos (dende cámaras web ata teléfonos móbiles, pasando por camascopios profesionais).
O primeiro premio do concurso será de 5.000 euros e o segundo de 2.000 euros; tamén se sortearán entre os participantes un ultraportátil, un iPod e un colgante de prata.
Presentación do concurso de vídeos
FEMITIC, o primeiro concurso de vídeos feitos por mulleres
Compartir Este Artigo
