Microsoft anunciou hai meses que ía lanzar un paquete de software de balde chamado Morro que serviría para manter o noso equipo informático libre de virus, troianos e outros programas maliciosos, pero agora coñecemos que, por fortuna, Morro só é o nome do proxecto no que se desenvolve a aplicación que finalmente responderá ao nome de Microsoft Security Essentials (MSE). Precisamente esta información tense porque unha versión privada de proba do paquete de seguridade que tomará o relevo do Windows Defender vén de filtrarse á Rede, aínda que os usuarios que desexen probar este software deberían agardar ao 23 de xuño, data na que Microsoft iniciará unha beta pública para usuarios de Windows XP, Vista e 7. O produto final non estará dispoñible oficialmente ata a segunda metade do ano.
Security Essentials será o nome do paquete gratuíto anti-malware de Microsoft
Compartir Este Artigo

