En 1989 Chano Piñeiro facía historia coa súa película Sempre Xonxa, protagonizada por Uxía Blanco, Roberto Vidal Bolaño, Xosé Manuel Olveira Pico, Rosa Álvarez, Miguel Ínsua, Manuel Botana, Xavier Lourido, Rodrigo Roel, Roberto Casteleiro, Loles León e Aurora Redondo, que converteuse na primeira longametraxe galega rodada en 35 milímetros e que agora pode gozarse na web grazas a Flocos TV, que vén de incorporar esta obra ao seu catálogo audiovisual, incluíndo tamén o documental Sempre Xonxa en Petín, no que Ignacio Vilar (Pradolongo) homenaxeou o 10 aniversario do pasamento do director da icónica película contando a experiencia vivida polos veciños de Petín durante a gravación do filme.
Flocos TV incorpora Sempre Xonxa ao seu catálogo
Compartir Este Artigo
