A versión móbil do navegador de Mozilla continúa a avanzar a bo ritmo, e vén de estrear un par de versións: Fennec 1.0 Beta 2 para Maemo (o sistema operativos das Internet Tablet de Nokia) e Fennec 1.0 Alpha 2 para Windows Mobile.
Estas novas versións melloran a experiencia de uso, toman unha aparencia máis agradable, corrixen erros de usabilidade detectados, optimizan o seu rendemento, incorporáronlle consola de erro JavaScript (interesante para os desenvolvedores) e melloraron o soporte de engadidos.
Precisamente neste último caso podemos ver xa algún engadido para Fennec coma GeoGuide (que utiliza a xeolocalización para achegar información coma mapas ou datos meteorolóxicos relativos á nosa localización actual) ou GraffiTwit (un cliente de Twitter que tamén permite facer debuxos na pantalla táctil do terminal móbil no que se use).


Novas versións de proba de Fennec
Compartir Este Artigo

