Hoxe moitos concellos españois adiantábanse ao apagamento analóxico, dicíndolle adeus á televisión tradicional e recibindo cos brazos abertos á televisión dixital terrestre, pero en vista de que existen colectivos con risco de exclusión que poderían quedar á marxe desta medida, o Ministerio de Industria activou un plan de apoio que permitirá beneficiarse a residentes nos concellos afectados na primeira fase de Plan Nacional de Transición á TDT que teñan máis de 65 anos cunha dependencia recoñecida de nivel II ou III, cun grado de discapacidade do 33% ou superior (constando como unha das súas discapacidades algunha de tipo auditivo ou visual) ou ter máis de 80 anos e vivir so (ou acompañado doutra persoa tamén maior de 80 anos).
Os posibles beneficiarios recibirán un sintonizador de TDT, que deberán solicitalo na Xefatura Provincial de Inspección de Telecomunicacións.
Nun principio os concellos galegos que poderían beneficiarse desta iniciativa serían Agolada, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces (da provincia de Pontevedra); O Bolo, Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Larouco, Laza, Manzaneda, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, A Veiga, Verín, Viana do Bolo, Vilardevós e Vilariño de Conso (de Ourense); Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Frades, Lousame, Mazaricos, Melide, Mesía, Muros, Muxía, Negreira, Noia, Ordes, Oroso, Outes, Padrón, O Pino, Porto do Son, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vilasantar (da provincia de A Coruña); quedando Lugo fóra desta relación de concellos, aínda que non sabemos en qué estado está este plan de axudas nos concellos galegos, posto que nos concellos mencionados finalmente non ten lugar o anunciado apagamento na data prevista.
Industria subvencionará receptores de TDT a colectivos con risco de exclusión
Compartir Este Artigo
