
Á xornada, que terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, en Santiago de Compostela, tamén asistirá a directora xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, Ana María Díaz López así como o director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla Pueyo e a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mª del Mar Pereira Álvarez.
O acto dará comezo ás 12 horas, coa intervención da directora xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, Ana María Díaz López, quen lle dará a benvida aos asistentes.
Posteriormente, e logo das intervencións de Rafael Valcarce, Jesús Banegas e Ricardo Capilla, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mª del Mar Pereira, en representación do presidente da Xunta, desenvolverá o relatorio, Medidas adoptadas na Xunta de Galicia para o impulso e desenvolvemento do sector eTIC.
A finalización do acto está prevista para as 13:15 horas.
AETIC leva ata Compostela o seu manifesto, A solución é TIC
Compartir Este Artigo

