Algunhas plataformas de comunicación en liña son demasiado absorbentes, pero iso non quere dicir que non poidan combinarse, e así fan con TweetCraft, un cliente do servizo de microblogging Twitter que funciona dentro do xogo en liña World of Warcraft, de xeito que os usuarios deste mundo virtual creado por Blizzard poderán seguir enviando e recibindo tuiteos durante o xogo, programar envíos para outro momento, publicar capturas de pantalla a través de TwitPic ou incluso automatizar o envío de mensaxes (para indicar o comezo dunha partida, a entrada nunha instancia ou ao acadar un obxectivo no xogo).
Este engadido funciona como unha aplicación informática para Windows que execútase en segundo plano e é totalmente de balde, polo que calquera usuario de WoW pode seguir en contacto cos seus amigos en Twitter pese a estar a participar na maior comunidade de xogo en liña do mundo para PC.
Exemplo de uso de TweetCraft
Unha aplicación permite utilizar Twitter dende World of Warcraft
Compartir Este Artigo

