A unidade de negocio Macintosh de Microsoft presentou o novo Service Pack 2 para Office 2008 para Mac, unha actualización de balde que mellora a experiencia de usuario do paquete ofimático de Microsoft en termos de velocidade, estabilidade e compatibilidade.
O SP2 incorpora novas características como a nova ferramenta Document Connection para Mac (que axuda a mellorar o acceso e a navegación de documentos aloxados en plataformas Sharepoint e Microsoft Office Live Workspace), o PowerPoint inclúe a posibilidade de editar o movemento das animacións e elixir o tema por defecto, o Word mellora o seu rendemento, o Excel incrementa a súa velocidade ata un 24% (especialmente á hora de realizar cálculos) e incluso conta cunha versión de proba para que os usuarios poidan botar unha ollada ao que achega esta última versión do Office 2008 para Mac.
O Office 2008 para Mac estrea Service Pack 2
Compartir Este Artigo

