O Firefox 3.7 adaptaríase especialmente ao seu uso baixo Windows Vista/7Aínda que o Firefox 3.5.1 sexa a versión actual do navegador de Mozilla, os enxeñeiros da Fundación xa están a traballar en conceptos para a interface do Firefox 3.7, que estaría optimizada especialmente para o seu funcionamento baixo Windows Vista e Windows 7, cunha aparencia que recorda ás versións para Windows do Google Chrome e do Safari, cun borde empregando o estilo Aero Glass (cuns botóns con certo aspecto tridimensional), unha barra de menús substituída por un par de botóns (páxinas e ferramentas) e a aparición dunha primeiras pestana/ficha que botón para distintas opcións. Este novo deseño non ten por qué ser o que finalmente achegue o Firefox 3.7, pero resulta esperanzador ver que toman tan en serio o deseño da súa interface que xa presentan a súa aparencia agora, para ir adaptándose ás necesidades e gustos dos usuarios.