A edición de vídeo doméstico normalmente ten que apoiarse en aplicacións que veñen de balde con moitas cámaras fotográficas e/ou de vídeo, pese a que Microsoft ten a aplicación gratuíta Movie Maker, que non goza de moita popularidade, por ser moi limitada, pero que podería cambiar grazas ás melloras que están a preparar para o programa que agora responde ao nome de Windows Live Movie Maker, e que na súa versión de proba vemos que é unha aplicación desenvolvida dende cero, é que resulta especialmente práctica para a elaboración de slideshows coas nosas fotografías.
Windows Live Movie Maker permite a edición de vídeo en alta definición, conta co asistente AutoMovie (que incorpora transicións, títulos e créditos ás películas), conta con ducias de transicións e efectos, inclúe ferramentas para a edición de vídeo e de música, permitirá a exportación directa a YouTube, etc. Agárdase que a súa versión definitiva chegue antes lo lanzamento oficial de Windows 7 (que non incluirá directamente o programa, senón unha ligazón para a súa instalación posterior).
Windows Live Movie Maker incorporará numerosas melloras
Compartir Este Artigo

