Todos os datos relativos á colaboración e á mobilidade internacional da Universidade de Santiago veñen de ser emprazados nun novo espazo virtual posto en marcha pola Vicerreitoría de Política Internacional. A web, dirixida a todos os membros da comunidade educativa, opera coma un lugar para a comunicación, o diálogo e o intercambio de coñecemento, aberto para a propia USC e, sobre todo, para todas aquelas institucións interesadas en establecer acordos de intercambio coa propia institución educativa galega. Asemade, xorde como un espazo de información para os internautas que desexen atopar recursos sobre iniciativas, programas e convocatorias de mobilidade da USC. Segundo apunta a Universidade, cada un dos programas de mobilidade ou cooperación en vigor dispón dun espazo propio coa información máis salientable actualizada, amais da posibilidade de descarga de todos os documentos precisos para a xestión administrativa.
A sección de información conta tamén cun correo directo que permite unha consulta individual sobre calquera dos aspectos contidos na web. Nesta mesma sección, engade a USC, inclúese un espazo en Facebook que permite a todos os estudantes de intercambio compartir experiencias.
A USC pon en marcha un portal sobre mobilidade e cooperación
Compartir Este Artigo

