Na Rede, coma en calquera outro escenario, caerse significa darlle vantaxes ao teu competidor. Isto mesmo foi o que lle aconteceu onte mesmo a Paypal, o popular servizo de pago por Internet (que tan ben coñecen os usuarios de eBay): durante unha hora non deu sinal de actividade, feito que tivo a súa repercusión positiva para Amazom, o seu gran rival nisto do mercado en liña. O parón, que se iniciou sobre ás 19.30 (pola nosa hora), foi de todo menos local: coloquialmente falando, conseguiu amolar a todas e todos os usuarios que o servizo ten espallados polo mundo. Por certo que algúns deles, os moitos, só puideron volver a facer uso do mesmo ata catro horas despois da caída de actividade.
Como consecuencia deste incidente en concreto, e xa que cada incidente desta índole ten o seu reflexo na posición que ocupa a empresa dende a que xorde, as accións da firma baixaron ata tres centavos. Asemade, empresas moi ligadas a Paypal como eBay contabilizaron un descenso importante nos seus niveis de operacións de compravenda. Segundo fontes de eBay, aínda non se coñece moi ben cal foi a razón da caída do servizo. Malia todo, si que se sabe que a raíz do problema foi interna, e non externa.
Paypal deixa sen servizo aos seus clientes durante unha hora
Compartir Este Artigo

