Google leva tempo empregando anuncios de texto relativos ao contexto nos seus resultados de busca, no que converteuse nunha tecnoloxía de grande éxito chamada AdSense, e que estaría a adaptarse a YouTube dun xeito peculiar, pois agora algunhas páxinas de partners de YouTube contarán cun recadro con vídeos patrocinados xunto aos vídeos relacionados e que serán sensibles ao seu contexto, de xeito que adaptaríanse aos intereses da audiencia.
Os cartos que xeren estes patrocinios compartiranse cos partners de YouTube, que terán así unha fonte máis de financiamento baseada na plataforma de vídeo de Google.
YouTube engade o patrocinio aos vídeos relacionados amosados na súa web
Compartir Este Artigo
