Os usuarios de Mac OS X non gozan precisamente dunha boa oferta de clientes de redes P2P elaborados especialmente para eles, polo que de seguro que reciben cos brazos abertos o novo Xtorrent 2.0, que xa está publicado na web coma adianto (a aplicación oficial vai pola versión 1.1) o que permite que os usuarios de BitTorrent no sistema operativo de Apple poidan probar o que será a nova versión deste programa escrito totalmente en Cocoa empregando un motor exclusivamente pensado para o seu uso en Mac OS X, o que en consecuencia achega unha ferramenta lixeira, potente e moi estable para a descarga de torrents.
Xtorrent incorpora funcións avanzadas como o soporte de fluxos RSS (moi interesante para a automatización de descargas), exportar ficheiros de audio e vídeo directamente a iTunes, controlar o largo de banda e incluso compartir torrents a través de Twitter.
Esta aplicación é de balde, e os seus desenvolvedores tamén contan cunha versión PRO de pago, que elimina certas restricións da versión gratuíta, permitindo unhas descargas máis rápidas.
Adianto da aplicación shareware Xtorrent 2.0
Compartir Este Artigo

