Aínda que a Wikipedia xa contaba con varias aplicacións que facilitaban o seu acceso dende o iPhone, finalmente xa contan cun programa oficial que pódese descargar de balde da App Store.
Wikipedia Mobile é unha aplicación móbil desenvolvida pola Wikimedia Foundation, con código fonte aberto e totalmente oficial, e aínda que conta con moitas carencias (coma non funcionar en modo apaisado) é unha interesante achega que facilita as consultas doadas e rápidas da Wikipedia, e que en futuras versións podería mellorar considerablemente.
A Wikipedia estrea aplicación oficial para o iPhone
Compartir Este Artigo

