Ante as preocupacións sobre o futuro de The Pirate Bay, publicaron a través da rede BitTorrent unha copia de seguridade do sistema que ocupa 21 Gb e que finalmente instalaron baixo o dominio de Internet BTarena.net, no que non é realmente un espello, xa que esta réplica é incompleta (carece de certas características, aínda que é completamente funcional).
Esta medida permitiría que, de pechar The Pirate Bay, os contidos que rexistra este buscador de torrents continuarán a estar dispoñibles, aínda que cómpre destacar que iso non supón unha garantía de bo funcionamento no futuro, posto que The Pirate Bay non só é un buscador, senón que fai de rastrexador de BitTorrent, de xeito que de pechar o seu servizo podería haber interrupcións nas transferencias de ficheiros, así como certas dificultades no funcionamento da rede P2P utilizada, que ten unha forte dependencia deste servizo.
BTarena.net xa funciona coma copia de seguridade de The Pirate Bay
Compartir Este Artigo
