Google asinou un acordo con Sony de xeito que varios equipos do fabricante nipón incluirán o navegador Chrome pre-instalado, como xa acontecera con portátiles Sony VAIO NW que incluían ao navegador web de Google coma predeterminado durante este verán.
Actualmente o Google Chrome ten unha penetración inferior ao 3%, polo que chegar a acordos para a súa pre-instalación en equipos novos poder contribuír á súa popularización, especialmente mentres non chegue o sistema operativo para ultraportátiles co que comparte nome.
Ata o momento o Internet Explorer segue a imperar coma navegador web, pero a chegada de Windows 7 (que en Europa incluirá un sistema de instalación de navegadores alternativos ao de Microsoft), a boa sona do Firefox e os esforzos por parte de Google para dar a coñecer o seu navegador poderían facer que o Explorer perda bastante peso nos vindeiros meses.
Sony incluirá Google Chrome nos seus equipos
Compartir Este Artigo
