A cadea de tendas IKEA conta con presenza en 38 países, nos que publica o seu catálogo de produtos cunha tiraxe total de 199 millóns de exemplares, chegando así a 405 millóns de persoas, pero o catálogo que preparan para 2010 non contará só con edición en papel, senón que tamén poderá consultarse a través dunha revolucionara aplicación para o iPhone, que destaca por contar coas opcións Descubre tu estilo (que a través dun cuestionario indica o estilo de mobles máis axeitado para o usuario) e Coloca tu mueble (aplicación que permite incrustar graficamente ata 45 mobles cunha imaxe que capte a cámara do móbil de Apple, de xeito que podemos facernos unha idea de cómo quedarían no noso domicilio).
Esta aplicación é unha interesante ferramenta para o iPhone, pero que non deixa de ser unha curiosidade, con menos utilidade da que tería unha versión do catálogo adaptado ao móbil e que permitirse facer pedidos ou consultar a dispoñibilidade dos mobles nas distintas tendas.
IKEA prepara unha aplicación para o iPhone
Compartir Este Artigo
