Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Steve Jobs presentou as novidades de Apple na reprodución multimedia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Steve Jobs presentou as novidades de Apple na reprodución multimedia

Marcus Fernández
Publicado: 09/09/2009
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

jobs_moi_delgado_na_presentacion.jpgQue hoxe foxe un día curioso no noso calendario por ser 9 do 9 do 2009, non se lle escapou á xente de Apple, que decidiu aproveitar a data para facer unha presentación na que, entre outras cousas, darían a coñecer o iTunes 9; pero iso quedou só como unha anécdota eclipsada polo feito de que Steve Jobs volveu á escena, facendo unha estelar aparición na que se lle vía extremadamente delgado, ante o que explicou que recibiu un transplante de fígado e instou aos asistentes a facerse doadores de órganos, tras o que tamén agradeceu os seus compañeiros por ser quen levou o temón da compañía nestes momentos tan difíciles.
Durante o evento, deuse a coñecer unha renovación do catálogo de reprodutores multimedia de Apple, coma os iPod shuffle, o iPod nano e o iPod Touch (que xunto co iPhone tamén recibirá nova versión do seu firmware).

O iPod nano incorpora gravación de vídeo
O iPod nano incorpora gravación de vídeo
iPod shuffle

O reprodutor máis cativo de Apple recibiu hoxe novidades relativas ao seu prezo e ás súas cores, de xeito que agora pode mercarse en negro, gris metalizado, rosa, azul e verde, en capacidades de 2 e 4 Gb a 55 e 75 euros respectivamente, contando tamén cun modelo de 4 Gb rematado en aceiro inoxidable pulido que só pode adquirirse a través da web da compañía por 95 euros.

iPod nano

O reprodutor portátil de Apple que máis cambios experimentou foi sen dúbida o iPod nano, que destaca especialmente por incorporar a posibilidade de gravar vídeo H.264 a 30 fps cunha resolución de 640 x 480 e audio AAC. Loxicamente, para a gravación de vídeo tamén conta con micrófono, que pode utilizarse para tomar Notas por voz; tampouco falta a prestación VoiceOver e as mesturas Genius, inclúe podómetro e sorprende por converterse no primeiro reprodutor de Apple en integrar sintonizador de radio FM (ata o momento a radio era un accesorio externo). A radio FM do iPod nano tamén conta coa función de Pausa en Directo, de xeito que podemos deixar de escoitar un programa en directo para retomalo onde o deixamos e non perder así nin un minuto do mesmo (sempre que a pausa non supere os 15 minutos).
No tocante ao seu prezo, o iPod nano de 8 Gb venderase a 139 euros, mentres que o modelo de 16 Gb queda en 169 euros.

ipod_touch_360.jpgiPod Touch

O iPod Touch continúa a explotar o seu último deseño, con controis de volume no lateral esquerdo, altofalante integrado, compatibilidade con Nike+, unha autonomía de ata 36 horas con música e 6 horas con vídeo, e agora, uns novos prezos, de xeito que o modelo con 8 Gb de capacidade venderase a 179 euros, pero agora tamén estarán dispoñibles modelos de 32 e 64 Gb a 269 e 359 euros respectivamente, incluíndo estes últimos auriculares con mando e micrófono (para aproveitar a aplicación de Notas por voz e a nova funcionalidade de Control por voz).
Pero deixando as prestacións do reprodutor a un lado, dende Apple insistiron moito en que a plataforma iPod Touch/iPhone é totalmente válida para os videoxogos, podendo competir de igual a igual coa PSP de Sony e a Nintendo DS. Aproveitaron o momento para presentar os xogos Assasin’s Creed 2 de Ubisoft, Riddim Ribbon de Tapulous e Nova de Gameloft.

Novo firmware 3.1 para iPhone e iPod Touch

Os usuarios do iPhone agradecerán a chegada desta actualización de balde do firmware 3.0 (que no caso do iPod Touch custará 3,99 euros) que incorpora melloras na estabilidade xeral, o uso de Genius na App Store para recomendar aplicacións semellantes á que xa teñamos descargado e mesmo a posibilidade de adquirir tons de chamada directamente dende o móbil.

itunes_9_store.jpgiTunes 9

O reprodutor multimedia de escritorio de Apple tamén evoluciona, e os seus cambios son consecuencia principalmente da evolución da tenda musical que leva o seu nome. Así, o iTunes 9 incorpora unha nova función chamada iTunes LP que pretende replicar o concepto do álbum musical, de xeito que ao mercar discos completos, poderá contarse coas letras das cancións con animacións especiais, información adicional, vídeos e fotografías dos artistas e outros contidos que poderán decidir os autores.
Tamén mellora a sincronización de dispositivos, permite navegar nas bibliotecas de iTunes de ata 5 ordenadores no mesmo domicilio, acolle un novo deseño da iTunes Store, crea de xeito automático mesturas Genius e incluso engade a posibilidade de compartir música da tenda de Apple en Facebook e Twitter.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

Inditex estrea un portal para compartir os seus desenvolvementos de código aberto
Software libre
3 Min de Lectura
O ForoTelecos celébrase este venres en Vigo
Actualidade
6 Min de Lectura
A XGN Intermax 2026 combina competición, formación tecnolóxica e lecer dixital en Silleda
Eventos
3 Min de Lectura
O Clúster TIC Galicia busca novas oportunidades de negocio en Latinoamérica cunha misión centrada no GovTech
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia forma en protección de datos a persoas empregadas públicas nun Curso Superior na EGAP
  • A Xunta explica o seu modelo de transformación dixital a unha delegación de expertos de Arxentina, Panamá, Uruguai e Guatemala
  • Preto do 70% das empresas tecnolóxicas galegas emprega a intelixencia artificial ou incorpóraa aos seus produtos e servizos
  • A Xunta e as empresas do Novo Pacto Dixital comezan o traballo para a especialización de Galicia en Tecnoloxía

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Balidea impulsa a intelixencia artificial para mellorar a hospitalización a domicilio

14/10/2026
Actualidade

Vitae achéganos nun novo curso aos conceptos de MCP e Skills

14/10/2026
coruna_allocate_ines_rey.jpg
Actualidade

Na Coruña, o proxecto Allocate abre as inscricións dun novo curso en IA verde e ética

14/10/2026
Actualidade

COFER organiza un curso gratuíto de ferramentas dixitais e ciberseguridade en colaboración co Concello de Ferrol

14/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?

Código Cero
Powered by  GDPR Cookie Compliance (ábrese nunha nova pestana)
Privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e permite realizar funcións como recoñecelo cando volve visitar o sitio web e axudar o noso equipo a comprender que seccións lle resultan máis interesantes e útiles.

Necesarias

A cookie estritamente necesaria debe estar sempre activada para que poidamos gardar as súas preferencias de configuración das cookies.