Facebook xa conta dende hai moito cunha aplicación para axilizar o acceso á súa plataforma social dende o iPhone, e agora chegoulle o momento dos usuarios de terminais que funcionan co sistema operativo Android de poder gozar dunha aplicación propia para manexarse en Facebook dende o móbil.
Este tipo de aplicacións nacen por mor das limitacións da versión móbil de Facebook, que é difícil de manexar e está bastante limitada, mentres que cunha aplicación nativa poden superarse moitos deses atrancos, facilitándose as actualizacións do Taboleiro, a carga de fotografías, as actualizacións de estado e a administración de amigos.
Esta aplicación xa conta con páxina oficial en Facebook, e pode descargarse de balde dende o Android Market.
Facebook estrea aplicación para Android
Compartir Este Artigo

