A Televisión Dixital de Terrestre de pago pillou por sorpresa aos fabricantes de electrónica de consumo, e aínda que ata o momento non hai nas tendas receptores adaptados, as distintas marcas xa fan os seus anuncios de produtos para permitir o acceso á TDT Premium, e agora é a galega Blusens Techonology a que sube ao carro co seu propio módulo CAM, unha tarxeta que permite que moitos televisores modernos (e incluso algún receptor ou gravador de televisión) poida adaptarse para o uso da tarxeta de abonado de canles coma Gol Televisión.
O módulo CAM de Blusens ten prevista a súa comercialización durante o mes de outubro, e incluirá unha tarxeta de abonado a Gol Televisión (a única canle que polo momento emite na TDT baixo a modalidade de acceso condicional) cun mes de balde.
Blusens venderá módulos CAM para a TDT de pago
Compartir Este Artigo
