Aínda que non son produtos que precisen de alta tecnoloxía, para moitos usuarios resultan imprescindibles, de aí que Logitech teña toda unha gama de soportes e coxíns que axuden ao uso de ordenadores portátiles en distintas situacións, sendo a última novidade a este respecto o Portable Lapdesk N315, que é unha base que protexe as pernas do usuario da calor xerada polo portátil, permite que o equipo non esvare e incluso sorprende por contar cunha alfombriña retráctil para poder utilizar o rato informático incluso sentados no sofá, evitando a incomodidade dos touchpads.
Este accesorio funciona para portátiles PC e Mac de ata 15,6 polgadas, véndese a 29,99 euros e para non deixar de sorprender, a súa parte superior pode limparse de xeito doado (podendo colocarse incluso debaixo dunha billa de auga para que quede impoluta despois dun uso intensivo.

Logitech lanza un soporte para o portátil que permite facer uso do rato
Compartir Este Artigo

