Para mellorar a experiencia da navegación web dende o móbil, incluso en terminais de pouca potencia, sae a versión de proba do Opera Mini 5, que inclúe bastantes melloras e adáptase para funcionar axeitadamente tanto en terminais con Java, en Blackberry ou en dispositivos con pantalla táctil (que poderán facer un uso especial do zoom e do scroll, non presente no resto de versións da aplicación).
A principal mellora do Opera Mini 5 beta é o soporte de pestanas, que son moi doadas de manexar, emulando o funcionamento das fichas nos navegadores de escritorio (quedando sempre á vista nunha barra de miniaturas); tamén adapta o Speed Dial a pantallas pequenas (facilitando o acceso ás nosas páxinas máis utilizadas), permite o uso de busca na páxina actual, edición de texto en liña, función de copiar e pegar e un administrador de contrasinais.
Entre as principais características do Opera Mini continúa a estar o feito de que as páxinas web transmítense comprimidas, o que supón tanto unha mellora de velocidade como un aforro en tráfico (o que agradecen os que non gozan dunha tarifa plana de datos).
Presentación da nova versión de proba de Opera Mini 5
O Opera Mini 5 beta incorpora navegación web en pestanas
Compartir Este Artigo

