A comunicación nova, se ten que selo, mellor que o sexa tanto no fondo coma na forma. Este semella ser o camiño a seguir pola empresa galega Quobis Networks, que, co fin de avaliar produtos e solucións innovadores dende eidos de difusión non tradicionais, está a experimentar cun novo formato relatorio/seminario, o webinar, seminario virtual que tira o máximo proveito da Rede para introducir un elemento: a interactividade.
Esta é a feitura comunicativa do evento WiMAX en redes profesionais de Quobis, unha sesión a desenvolver o mércores 7 de outubro e que, como o seu propio epígrafe indica, baséase na presentación de ferramentas sen fíos para profesionais, concretamente aplicacións sobre redes IP de banda larga en mobilidade (o caso de WiMAX Mobile).
Durante o webinar, por certo, está previsto avaliar en detalle escenarios onde se están a poñer en práctica este sistemas de comunicación sen fíos, como defensa, utilidades ou transportes, entre outros, facendo unha comparativa con outras tecnoloxías como son UMTS, EV-DO ou TETRA.
O horario da sesión divulgativa, en función dos horarios dos países dende os que se acceda, será o seguinte: – 17:00 – 18:00 PM CEST – 12:00 – 13:00 PM Brasil / Arxentina – 11:00 – 12:00 PM Bolivia / Paraguai – 10:00 – 11:00 PM Colombia / Perú / Panamá
Quobis aposta pola interactividade para presentar a súa achega WiMAX
Compartir Este Artigo

