Quen pensara que o movemento do blogomillo vai a día de hoxe costa abaixo se cadra tería que repropoñerse a súa opinión. Á espera de ter a man datos que certifiquen (que de seguro virán en breve) o seu bo estado de saúde entre a comunidade internauta galega, sempre nos queda botar man de certames como os Premios 20Blogs que, unha vez máis, constatan que a nivel de toda a Rede ao blogomillo aínda lle queda corda. Isto que significa? Pois dúas cousas fundamentais: pois que cada vez hai máis xente que escribe na Internet en galego e que o galego tamén se le fóra de aquí.
A edición 2009 do dito concurso, organizado polo xornal 20Minutos, tivo presenza de bitacoreiros nosos ata esta recta final na que está inserida… e segue a tela. Así, informa polo miúdo o caderno A Botica da Expresión, na modalidade versión orixinal bateron forte Cinema Friki, cun 2º lugar e 74 votos, e a Lareira Máxica, con 26 e a 4ª posición.
Isto, en contra do que se pode pensar, non significa que vaian ámbalas dúas bitácoras á final de 20Blogs, xa que este ano só acceden as tres primeiras de cada categoría (20 en total). Con todo, a presenza galega na devandita categoría versión orixinal é máis que meritoria, co dito blog A Botica da Expresión no sexto lugar.
Porén, e como se nos lembra neste caderno, a nosa pegada alén das nosas fronteiras non remata aí, xa que nos Premios Bitácoras 2009, que xa están dando os seus primeiros pasos, compiten (en diferentes categorías, iso si) A Botica, Tecnoloxía, Capítulo Cerdo, Por mis fogones, C”ommons Baby e Sementar.
Salientable presenza galega nos 20Blogs e máis nos Premios Bitácoras
Compartir Este Artigo

