Google presentou a finais do pasado mes de maio unha tecnoloxía chamada a revolucionar o xeito de comunicarnos a través da Internet chamada Google Wave, e que segundo comentan os seus responsables, deseñouse pensando en cómo desenvolveriamos hoxe o correo electrónico se non existise. Máis adiante aseguraron que o proxecto estaba moi avanzado de xeito que en setembro abrirían en probas este servizo ao público xeral, e cando o mes actual está a morrer é cando vemos que cumpren coa súa promesa ao límite, de xeito que a partires de mañá Google repartirá 100.000 invitacións para participar na beta pública de Google Wave.

Para empregar Google Wave é preciso acceder ao servizo web a través dun navegador que soporte HTML5, o que sería practicamente calquera navegador web actualizado (Safari, Firefox, Opera, Google Chrome…) agás o Internet Explorer, de aí que dende Google decidisen lanzar un engadido para esta aplicación que permite utilizar o motor de Google Chrome dentro do Internet Explorer, medida moi criticada, pois é considerada incluso un problema de seguridade por parte de Microsoft, mentres que dende a Fundación Mozilla ratifican tal perigo á vez que aseguran que é absurdo o Google Chrome Frame polo mero feito de que os usuarios que utilizan actualmente navegadores coma o Internet Explorer 6 tampouco poderían instalar o engadido de Google (pois non teñen permisos para modificar o navegador web dos seus equipos).
Google Wave entrará na súa fase pública de probas este mércores
Compartir Este Artigo

